dúas persoas na praia

jueves, 29 de mayo de 2008

Exame de T.E.E. A casa misteriosa.

Era unha vez unha rapaza que lle gustaba moito pasear xunto coas súas compañeiras e buscar lugares e casas misteriosas no seu pobo. Estas rapazas tiñan trece e catorce anos e eran moi valentes xa que para facer o que facían había que selo.
Unha tarde xuntáronse as catro amigas e foron a un lugar no que había unha casa que levaba deshabitada moito tempo primeiro entraron na finca que estaba ao redor da casa non viron nada estraño e decidiron entrar na casa, o cal foi un traballo un pouco difícil xa que estaba pechada cunha pechadura de seguridade pero así a todo puideron abrila na entrada viron un amplo recibidor moi ben amoblado cunha decoración moi moderna para a época en que o amoblaran xa
que a casa aquela tería tranquilamente uns oitenta ou noventa anos e era dos señores máis ricos da vila polo que lles tiñan dito os seus avós.Seguiron adentrándose na casa e viron unha ampla sala de estar con dous sofás moi grandes, detrás destes había unha porta que ía dar a unhas escaleiras que ían dar á parte alta da casa onde se atopaban os dormitorios, eran cinco os que estaban amoblados con cama e armario e había dous que non tiñan ningún tipo de moble debían ser por se tiñan máis fillos ou algo así pero polo visto non deberon de ter máis, o último lugar que visitaron foron a cociña e os baños os cales estaban amoblados con todos os detalles, non lles faltaba nin a máis mínima cousa,polo visto si que debían de ter cartos.Ben e esta foi a visita das nosas compañeiras a unha casa misteriosa a que ninguén se atrevía a entra porque había lendas que dicían que nesta casa habitaban fantasma, pero como comprobaron as nosas compañeiras todo isto eran un montón de contos que dicía a xente.

martes, 27 de mayo de 2008

semana da poesia

Ola nesta semana da poesia os profesores leváronnos a ver os traballos que fixeron os nosos compañeiros de primeiro de bacharelato e vimos diferentes cousas.

Entre elas un vídeo feito por algúns dos nosos compañeiros que falaba do maltrato das persoas, tamén había outros xogos que consistian en ler unha parte dun poema e se acertabas a pregunta que che facían podias estoupar uns globos tirando con dardos e asi podias entrar nun sorteo dunha televisión portatil aínda que tiña un pequeno problema que estaba feita polos nosos compañeiros de bacharelato e era de cartón pero o importante era pasalo ben. Tamén había un vídeo o cal tiñamos que ver e contestar unhas preguntas sobre el e se tiñamos poucos fallos dábannos gominolas e tamén no deron un diploma.

Ben amigos e isto foi todo polo momento que penso que aínda nos esperan algunhas actividades máis durante a semana da poesía.

martes, 13 de mayo de 2008

relato a partir duns debuxos

Oa de novo xa volvo a publicar e esta vez vai ser unha historia a partir duns debuxos ben ai vai.
Érase unha vez un rapaz que foi facer unhas compras que lle dixera as súa nai. Ao sair da casa ia cruzara estrada e case o atropela un camión. Despois de comprar todo viu unha pita que se adentraba nun bosque, o rapaz seguiunae unha vez no bosque viu un unicornio o cal lle gustou moito. Ao chegar á casa contoullo á nai quen llo creu todo porque sabía que o neno estaba durmindo e que todo fora un soño.

martes, 6 de mayo de 2008

DEIXA AQUI O COMENTARIO DO VIDEO

martes, 22 de abril de 2008

o monólogo interior


Ola de novo amigos xa volvo a publicar no blog e esta vez e para escribirvos un monólogo interior hai vai amigos espero que vos guste

Que aburrida é esta historia, como será a próxima que me manden ler? será máis entretida ou será tan fea coma esta? se é asi de mala non a leo, pero se non a leo non poderei facer o resumo e non me pagaran, que fago? Que dura é a vida non sei que facer. Se a leo e a resumo pagaranme e poderei comprar un piso e deixar de vivir neste que é alugado. Aínda que por non ler un libro tampouco me van baixar tanto o soldo, non? Pero mellor lereino. Si vouno ler porque asi poderei ter un piso propio e ao mellor se sigo lendo podo chegar a ter un coche, non si? E non é un traballo tan malo xa que podo ler onde queira, si vou seguir lendo libros aínda que sean os máis aburridos do mundo.

Ben amigos aqui remata o monólogo interior, gustoubos? ben espero que fose así comentade amigos que pronto ei voler publicar unha entrada nova, veña pasalo ben.










martes, 25 de marzo de 2008

segunda avaliación

Ola de novo amigos.

A segunda avalianción foi máis curta que a primeira.
As miñas notas baixaron na segunda xa que na primeira aprobei todo pero nesta quedáronme dúas xa que non estudei tanto e fixen máis o vago. Agora, na terceira, teño que aprobar todo estudando máis xa que non e gusta a idea de pasar todo o verán estudando para ir a setembo.
Ben amigos esto é todo e estudar para non deixar moitas para setembro jejejeje que hai moito vago por hai solto jejejeje .
Veña pasalo ben e ata outra.

miércoles, 5 de marzo de 2008


Ola de novo amigos xa volvo a publicar entradas no meu blog aínda que esta vez non e para poñervos videos de carrilanas jejeje.

Vouvos comentar unha imaxe da lenda artúrica, é unha imaxe na que se pode ver a tumba rei Artur e a Lancelot, o seu mellor amigo, bicando á raiña Xenevra que era a esposa do rei Artur. Iste era un bico de despedida entre Lancelot e Xenevra xa que estes sempre se amaron pero intentaron levalo en secreto.


Isto é unha moi pequna parte da lenda do rei Artur e anímovos a que leades a lenda completa xa que está moi ben. Bueno isto é todo amigos, veña ata outra.

carrilanas