dúas persoas na praia

jueves, 29 de mayo de 2008

Exame de T.E.E. A casa misteriosa.

Era unha vez unha rapaza que lle gustaba moito pasear xunto coas súas compañeiras e buscar lugares e casas misteriosas no seu pobo. Estas rapazas tiñan trece e catorce anos e eran moi valentes xa que para facer o que facían había que selo.
Unha tarde xuntáronse as catro amigas e foron a un lugar no que había unha casa que levaba deshabitada moito tempo primeiro entraron na finca que estaba ao redor da casa non viron nada estraño e decidiron entrar na casa, o cal foi un traballo un pouco difícil xa que estaba pechada cunha pechadura de seguridade pero así a todo puideron abrila na entrada viron un amplo recibidor moi ben amoblado cunha decoración moi moderna para a época en que o amoblaran xa
que a casa aquela tería tranquilamente uns oitenta ou noventa anos e era dos señores máis ricos da vila polo que lles tiñan dito os seus avós.Seguiron adentrándose na casa e viron unha ampla sala de estar con dous sofás moi grandes, detrás destes había unha porta que ía dar a unhas escaleiras que ían dar á parte alta da casa onde se atopaban os dormitorios, eran cinco os que estaban amoblados con cama e armario e había dous que non tiñan ningún tipo de moble debían ser por se tiñan máis fillos ou algo así pero polo visto non deberon de ter máis, o último lugar que visitaron foron a cociña e os baños os cales estaban amoblados con todos os detalles, non lles faltaba nin a máis mínima cousa,polo visto si que debían de ter cartos.Ben e esta foi a visita das nosas compañeiras a unha casa misteriosa a que ninguén se atrevía a entra porque había lendas que dicían que nesta casa habitaban fantasma, pero como comprobaron as nosas compañeiras todo isto eran un montón de contos que dicía a xente.

martes, 27 de mayo de 2008

semana da poesia

Ola nesta semana da poesia os profesores leváronnos a ver os traballos que fixeron os nosos compañeiros de primeiro de bacharelato e vimos diferentes cousas.

Entre elas un vídeo feito por algúns dos nosos compañeiros que falaba do maltrato das persoas, tamén había outros xogos que consistian en ler unha parte dun poema e se acertabas a pregunta que che facían podias estoupar uns globos tirando con dardos e asi podias entrar nun sorteo dunha televisión portatil aínda que tiña un pequeno problema que estaba feita polos nosos compañeiros de bacharelato e era de cartón pero o importante era pasalo ben. Tamén había un vídeo o cal tiñamos que ver e contestar unhas preguntas sobre el e se tiñamos poucos fallos dábannos gominolas e tamén no deron un diploma.

Ben amigos e isto foi todo polo momento que penso que aínda nos esperan algunhas actividades máis durante a semana da poesía.

martes, 13 de mayo de 2008

relato a partir duns debuxos

Oa de novo xa volvo a publicar e esta vez vai ser unha historia a partir duns debuxos ben ai vai.
Érase unha vez un rapaz que foi facer unhas compras que lle dixera as súa nai. Ao sair da casa ia cruzara estrada e case o atropela un camión. Despois de comprar todo viu unha pita que se adentraba nun bosque, o rapaz seguiunae unha vez no bosque viu un unicornio o cal lle gustou moito. Ao chegar á casa contoullo á nai quen llo creu todo porque sabía que o neno estaba durmindo e que todo fora un soño.

martes, 6 de mayo de 2008

DEIXA AQUI O COMENTARIO DO VIDEO

carrilanas